Axente intelixente

Axente Intelixente
Escrito enVarias linguaxes de programación
Sistema operativoVariados
Plataforma/sVariadas
Lingua/sInicialmente en inglés, con adaptacións posteriores para múltiples linguas
TipoSoftware de Intelixencia Artificial
LicenzaVarias

En intelixencia artificial, un axente intelixente (IA, polas siglas en inglés de intelligent agent) é un axente que actúa de forma intelixente; Percibe ou ten sensación do seu contorno, realiza accións de forma autónoma para acadar os obxectivos e pode mellorar o seu rendemento coa aprendizaxe ou a adquisición de coñecementos. Un axente intelixente pode ser simple ou complexo: un termostato ou outro sistema de control considérase un exemplo de axente intelixente, como o é un ser humano, como calquera sistema que cumpra a definición, como unha organización ou empresa, un Estado ou un bioma, etc.[1]

Os axentes intelixentes son unha tecnoloxía en constante evolución dentro do campo da intelixencia artificial (IA), que está revolucionando a forma en que interactuamos coa tecnoloxía.[2]

  1. Russell & Norvig 2003.
  2. "Agentes inteligentes IA: transformando el futuro". dispositivosinteligentes.org. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search